Achéganse as festas de finais de ano, que indican o comezo do inverno e, con elas, damos a benvida ao novo ano. Un ano cheo de ameazas e perigos, pero tamén cheo de esperanza, proxectos e oportunidades para mudalo todo.

Gústenche ou non estas datas do nadal, o que é incontestable é que están directamente relacionadas coa gastronomía, por iso nos gustaría ofrecerche este receitario tradicional con cinco pratos típicos. Para lamber os dedos!

Pero non é un receitario calquera, xa te darás conta. Este inclúe algúns dos efectos do CETA na túa vida. Sabes que é o CETA? É un tratado que a Unión Europea firmou con Canadá e que o Congreso deberá ratificar, un tratado onde os nosos dereitos e a nosa soberanía se esfuman para non molestar ás grandes corporacións internacionais

Esperemos que che guste moito este receitario e que probes algunhas das receitas, e esperamos tamén que te sumes á loita contra o CETA e o TTIP.

Felices festas!